Publicador de contidos
Publicador de contidos

Camariñas mostra o seu encaixe ata este domingo

Camariñas mostra o seu encaixe ata este domingo

Este mércores inaugurouse a XXXII edición da mostra

Participan postos de varios países europeos

G24.gal 05/04/2023 21:20 Última actualización 05/04/2023 21:41

Este mércores pola tarde inaugurouse a XXXII Mostra do Encaixe de Camariñas. Ver traballar as palilleiras é a maior das atraccións.

Non é fácil seguir cos ollos a destreza das súas mans. É  froito de moitas horas, ás veces dunha vida enteira, para conseguir os encaixes. Ensinalos na mostra é o premio, tal como di unha delas.

O futuro está asegurado. Diso se encargan as escolas de palillos que acollen, neste momento, uns 50 nenos e nenas que esta tarde participaron nos desfiles.

A directora da Mostra explica que empezan desde moi pequenos e que fan as súas propias prendas e despois desfilan con elas.

Canda os pequenos tamén desfilou un grande, fillo dunha grovense. Modesto Lomba, que quixo reivindicar coa súa colección, os oficios artesáns porque, como di o propio deseñador "sen eles non poderiamos facer cada ano as nosas coleccións".

Hai 7 anos que Marcela acode a Camariñas. Vén de Sicilia co obxectivo de confrontar a  tradición do encaixe de aquí coa innovación de alí. E sobre todo, di, para ver o que se fai na moda europea e na española.

Unha parte desa moda está ata o domingo na Costa da Morte.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade