Publicador de contidos

Publicador de contidos

Campaña para reabrir o museo que ardeu no lume do Courel

Campaña para reabrir o museo que ardeu no lume do Courel

Xan de Vilar recibe o apoio de veciños e concello para erguer o centro

Perdéronse centos de pezas de grande valor etnográfico

G24.gal 28/07/2022 14:11

Son as ruínas do que ata hai doce días era un dos lugares de visita obrigada no Courel: o museo etnográfico de Xan de Vilar. Este veciño de 80 anos de idade viu como en poucos minutos se perdía entre o lume o traballo de toda unha vida. Ferramentas, apeiros, mobiliario e utensilios que foi recollendo por todo O Courel durante décadas e que en moitos casos eran pezas xa únicas. O lume acabou con todo e Xan mesmo perdeu todas as súas pertenzas.

Xan afástase agora cuns amigos na aldea de Vidallón, moi preto de Vilar. Pasado o susto dos incendios, os veciños entenden que será difícil superar o trauma das enormes perdas pero queren volver erguer canto antes a casa de Xan e volver recompilar material para poder abrir de novo o museo. Saben que será un traballo longo e de moito esforzo, pero din que Xan e O Courel ben o merecen.

O Concello de Folgoso do Courel e numerosos veciños xa puxeron en marcha unha campaña para recoller material de valor etnográfico por toda a serra que sirva de partida para o novo museo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos