Cargando resultados...
Calviño abre a porta a que en xuño rematen as bonificacións do combustible para os transportistas
Calviño abre a porta a que en xuño rematen as bonificacións do combustible para os transportistas
Segundo a vicepresidenta primeira do Goberno, a Comisión Europea xa pediu aos estados membros que vaian retirando esas axudas
G24.gal
19/05/2023 14:45
A vicepresidenta Nadia Calviño lembrou hoxe que a bonificación ao gasóleo para transportistas e agricultores remata no mes de xuño. Desaparecerá de forma automática ese desconto de 10 céntimos por litro de combustible. Segundo a vicepresidenta primeira do Goberno, a Comisión Europea xa pediu aos estados membros que vaian retirando esas axudas.
Entre os afectados, a federación do transporte Fenadismer considera que a retirada da medida é precipitada. E lembran que o prezo dos combustilbles aínda é agora un vinte por cento máis caro que hai un ano.