Publicador de contidos

Publicador de contidos

Calviño non descarta ampliar a bonificación aos carburantes

Calviño non descarta ampliar a bonificación aos carburantes

A responsable de Economia discrepa coa titular de Traballo, que cualificou como inconcibible subvencionarlle o combustible a todo o mundo

G24.gal 13/06/2022 14:25

A vicepresidenta primeira e ministra de Asuntos Económicos, Nadia Calviño, asegurou este luns que o Goberno está a analizar cambios nas medidas destinadas a moderar a escalada de prezos da enerxía e non descartou que se poida aumentar a actual bonificación por litro dos carburantes.

Calviño lembrou, en primeiro lugar, que o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, xa anunciou que a actual bonificación de 20 céntimos alongarase máis no tempo (finaliza o próximo 30 de xuño). A continuación, e en resposta á pregunta de se se incrementará a contía da bonificación, apuntou que "o que imos facer é analizar se hai que facer modificacións ou cambios para garantir que esas medidas sexan o máis eficaces posibles" para axudar ao consumidor.

A vicepresidenta sinalou tamén que a menor dependencia enerxética de España de Rusia fai que o impacto da guerra sexa máis visible no incremento da inflación.

A pesar deste contexto complexo, a ministra destacou que todas as previsións apuntan a "unha recuperación moi intensa para España" este ano. 

Con todo, hoxe mesmo a ministra de Traballo, Yolanda Díaz,, cualificou como inconcibible subvencionarlle o combustible a todo o mundo, e defende que só se manteña para familias vulnerables.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade