Publicador de contidos

Publicador de contidos

Arde nun incendio un inmoble anexo a un colexio de Caldelas de Tui

Arde nun incendio un inmoble anexo a un colexio de Caldelas de Tui

O lume non afectou a actividade escolar

G24.gal 08/02/2023 13:34

A primeira hora da mañá os bombeiros volvían ao lugar do incendio. Coa luz do día arrefriaban a zona e comprobaban os danos da estrutura do inmoble que quedou calcinado a pasada noite. Un edificio ao carón dun colexio que se empregaba como arquivo.

As tarefas de extinción foron complicadas, duraron máis de cinco horas. O lume reavivouse de madrugada e esta mañá os bombeiros comprobaban posibles rescaldos. 

O incendio non afectou á actividade escolar. Porén o que si se perderon no incendio foron importantes documentos que forman parte da historia educativa e sentimental deste coñecido centro de Caldelas de Tui, O Pelouro.

Xa se investigan as causas do lume que podería ter a súa orixe nun problema eléctrico. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade