Cae unha pedra do alto do campanario da igrexa de Vilagarcia
Os efectivos de Emerxencias Municipais tamén retiraron a cruz central por que tiña unha suxeición deficiente
O adro da igrexa parroquial de Vilagarcía ten desde este martes unha zona valada, despois de que esa mañá aparecera no chan unha pedra das que conforman o campanario.
Ante o incidente, o equipo de Protección Civil despregou os medio necesarios para facer unha revisión inmediata sobre o afianzamento dos elementos construtivos do templo. Empezando pola pedra caída.
"Todo indica que caeu durante a noite e non ocasionou danos persoais. Fixemos unha revisión do campanario do que se desprendeu a pedra, do outro campanario e do resto da fachada. Unha fenda puido ser a que desencadeara o desprendemento da pedra", explica Francisco Javier Guillén Bustos, xefe do Servizo Municipal de Emerxencias de Vilagarcía.
Un vilagarcián vencellado coa igrexa de santa Baia, foi sancristán no seu día, sinala que no desprendemento da pedra puido influír que esa era o apoi da cadea para tocar a campá.
Carlos Rey foi campaneiro da igrexa: "Puido ser do rozamento de tantos anos, porque era unha cadea de ferro grosa".
Isto deixouse de tocar hai uns vinte ou vintecinco anos tranquilamente. Pero, a pedra puido quedar resentida", di Bustos.
"Estaba completamente solta e o que fixemos foi retirala e delimitouse a zona do desprendemento para unha posterior revisión e reparación dos danos".
A consecuencia do incidente, este ano non vai haber a tradicional procesión do Corpus arredor da igrexa.