Publicador de contidos

Publicador de contidos

Cae a organización do Tigre, o narco español máis activo en cocaína

Cae a organización do Tigre, o narco español máis activo en cocaína

Detidas sete persoas en nove rexistros simultáneos en distintas provincias no mes de novembro

"O Tigre" agochábase en Dubai e controlaba con sistemas encriptados de comunicación  unha rede global de tráfico de cocaína con presenza nos cinco continentes

Axentes d Garda Civil durante a redada antidrogas /Garda Civil Axentes d Garda Civil durante a redada antidrogas /Garda Civil
G24.gal 11/12/2022 21:15

A Garda Civil chegou ata a cúpula da organización que lidera o Tigre, o narcotraficante español máis activo a nivel internacional no tráfico de cocaína, sobre o que pesaba unha orde internacional de detención.

Os detidos están directamente relacionados coa introdución de 2.000 quilogramos de cocaína polo porto de Alxeciras hai dous anos nun contedor procedente de Paraguai.

Axentes da Garda Civil detiveron sete persoas nunha operación realizada en distintas provincias e entre eles figura A. S. V., o Tigre, "o narcotraficante de orixe española máis importante a nivel global no que respecta ao tráfico de cocaína".

Considerado un obxectivo de alto valor pola Europol, débese ao volume de estupefacientes que era capaz de xestionar de forma mensual, sen límites xeográficos nas súas actividades. A operación, chamada Atalaia III e na que se efectuaron nove rexistros simultáneos, foi desenvolta pola Garda Civil e dirixida polo Xulgado de Instrución Número 1 de Alxeciras xunto coa Fiscalía Delegada Antidroga do Campo de Xibraltar.

A investigación permitiu comprobar que o Tigre residía en Dubai, desde onde controlaba unha rede global de tráfico de cocaína con presenza nos cinco continentes e supervisaba ao detalle as partidas de droga desde a súa orixe en América do Sur ata a súa recuperación en portos repartidos por todo o mundo.

En Dubai levaba un nivel de vida  moi alto, pasaba desapercibido entre o resto da poboación, cun comportamento exemplar, sen protagonizar incidente ningún que puidese alertar as forzas policiais locais.

A Garda Civil investigaba a súa posible actividade delituosa desde había varios anos e nese tempo intercambiara información coa Policía de Dubai para localizalo.

A finais do mes de agosto, a Policía de Dubai detívoo por unha investigación interna sobrevida e puxo rapidamente estes feitos en coñecemento da Garda Civil. Iso propiciou que o Xulgado de Alxeciras emitira unha orde internacional de detención que a Garda Civil considera un "fito de enorme relevancia", segundo o comunicado, que precisa que, ademais dos rexistros, efectuados en novembro, emitíronse en total tres ordes internacionais de detención.

A estreita colaboración entre a Garda Civil e a Policía do Emirato de Dubai permitiu éxitos policiais e estanse levando a cabo operacións coordinadas entre os dous corpos que están a permitir descabezar importantes organizacións criminais, segundo o comunicado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade