Cargando resultados...
Cae a incidencia en España ata os 735 casos, 51 puntos menos ca onte
As comunidades reportan 173 falecidos durante a última xornada
Segue liberando presión a ocupación hospitalaria en planta e nas UCI

G24.gal
22/02/2022 20:20
A incidencia cumulada en España continúa en descenso, cunha baixada de 51 puntos, ata acadar os 735 casos, e con 22.194 novos contaxios detectados, mentres as comunidades seguen reportando os falecidos, 173 na última xornada.
Sanidade salienta que a incidencia caeu 407 puntos nunha semana en 407 puntos, e que os contaxios, respecto ao mesmo día da semana anterior, descenden significativamente.
Tamén seguen liberando presión a ocupación hospitalaria. As unidades intensivas pasan en 7 días do 15,6 % ao 12,7 % e en planta desde o 9,2 % ata o 7,1 %.