Cada vez son máis os que elixen o mes de xuño para gozar as vacacións
Os partidarios desta opción consideran que os destinos están menos masificados
Os que se decantan por xullo e agosto fano pensando en ter un tempo máis estable
O mes de xuño comeza a ser o preferido para pasar as vacacións fóra da casa. Non todos teñen a opción de gozar o descanso laboral nesta época. Algunhas persoas indican que o fan en maio, ou en decembro "depende de cando podamos, polos netos".
Cada un ten as súas preferencias, pero evitar a masificación é unha das razóns para adiantar as vacacións a xuño.
Tradicionalmente xullo e agosto son meses vacacionais. Inflúe moito o tempo que fai a esta altura do ano.
Quen ten viaxado en varias épocas do ano, teno claro. Comenta un home que nunha cidade coma Madrid ou Vigo se pode gozar dela e da xente "e non hai o agobio de ir correndo a todas partes e o verán ten as vantaxes do clima, pero está todo moi masificado".
Nas vacacións, o que prima, é gozar do descanso.