130.000 persoas reciben a León XIV no su primeiro día en España
Entre os visitantes, fieis e peregrinos había moitos galegos, que participarán na vixilia deste sábado e na santa misa e na procesión deste domingo
As previsións apuntan a que máis de dous millóns de peregrinos van acompañar o Pontífice nos máis de 30 actos nos que vai participar durante esta visita histórica a España
Milleiros de fieis procedentes de distintos puntos de España e doutras partes do mundo congregábanse nas inmedicacións do Palacio Real de Madrid para darlle a benvida ao Papa León XIV. Moitos madrugaban para asegurarse un bo sitio desde onde poder velo. Os primeiros peregrinos chegaban arredor das sete da mañá deste sábado.
"Levantámosno cedo para poder ver o Papa"
"Queriamos aproveitar xa que estamos aquí en Madrid este momento que é grande para todos nós"
"Estamos moi emcionados por poder velo"
"É un Papa que está apelando ao sentido común, á defensa da verdade"
"Que a bendición do Papa nos ilumine máis e nos dea moita bendición a todos", din algún fieis e peregrinos.
Á súa chegada ao Palacio Real, escoltado pola Cabalería da Garda Real, o Pontífice saudou os fieis desde o coche. Recibiu aplausos e berros de "Viva o Papa" ou "querémoste". León XIV sacaba o brazo para saudar desde o vehículo mentres que se aproximaba ao Palacio Real.
Entre os visitantes, fieis e peregrinos tamén estaban moitos galegos, que participarán na vixilia deste sábado e na santa misa e na procesión deste domingo.
"Vimos 121 mozos e mozas coa diocese de Ourense, creo que é un acontecemento único, que alcemos a mirada e nos demos conta que non estamos sós"
"Dando moitas grazas por esta oportunidade", comentan outros fieis.
Algúns visitantes na cidade tamén se vían sorprendidos pola visita papal e o ambiente.
As previsións apuntan a que máis de dous millóns de peregrinos van acompañar o Pontífice nos máis de 30 actos nos que vai participar durante todos estes días nesta visita histórica a España.