Publicador de contidos
Publicador de contidos

Cada vez hai máis xente que prefire teléfonos móbiles sen acceso a Internet

Cada vez hai máis xente que prefire teléfonos móbiles sen acceso a Internet

A venda dos chamados teléfonos bobos medrou en España máis dun 200 % durante este ano

Buscan o que se deu en chamar desintoxicación tecnolóxica sen acceso a Internet nin redes sociais

Mercedes Tilve / Afonso García Novoa 05/12/2024 12:55

Baixa a venda dos smartphones en España mentres que se dispara a compra dos chamados teléfonos bobos que non dispoñen de acceso a Internet nin de aplicacións de redes sociais. Só facer e recibir chamadas e mensaxes de texto. Uns aparatos que xa estaban no mercado pensados para maiores pero que agora espertan o interese de xente nova que busca desintoxicarse de tanta tecnoloxía. 

En cuestión de telefonía hai quen só quere saber o xusto. "Para recibir e facer chamadas. Ata aí".

Durante este ano vendéronse moitos menos móbiles novos de última xeración. "Procuro sacarlle o máximo partido, ata que deixen de funcionar". "É que non vas estar comprando un teléfono novo cada ano, por moito que a publicidade te incite a facelo".

Pola contra, disparáronse as vendas cos chamados teléfonos bobos, sen conexión a Internet, porque hai xente que busca desconectarse das redes sociais e do bombardeo publicitario que nos chega a través dos móbiles. "Eses teléfonos so che permiten facer e recibir chamadas e permíteche desconectar da tecnoloxía e das redes sociais".

Tamén, por motivos de seguridade, está a poñerse de moda entre moitos executivos xa a desconexión a Internet, que dificulta ser vítima da piratería informática.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade