Publicador de contidos

Publicador de contidos

Cabo e Ares debutan na ACT'22 nunha regata que leva Orio

Cabo e Ares debutan na ACT'22 nunha regata que leva Orio

G24.gal 03/07/2022 08:49

Orio fixo unha regata de bandeira que lle serviu para levar a primeira proba da Liga Euskolabel celebrada na ría de Bilbao pola modalidade de contra o reloxo. A embarcación guipuscoana superou en pouco máis de tres segundos a Donostiarra, que sufriu un percance na segunda ciaboga cando marcaba o mellor tempo. A terceira praza foi para Hondarribia, a case oito segundos do gañador. Dase a curiosa circunstancia de que os tres primeiros participaron na terceira e última quenda.

Cabo, que o fixo na segunda, acabou oitava, a 35 segundos de Orio, mentres que Ares, rematou coma undécima a 41 segundos da tripulación gañadora. Con este triunfo, o primeiro en dous anos, o equipo amarelo pasa liderar a clasificación dunha competición que se presenta apaixonante.

Na proba feminina a vitoria foi para Donosti Arraun por diante de Orio, a Donostiarra e Tolosa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos