Publicador de contidos

Publicador de contidos

Buscan un condutor que fuxiu tras atropelar tres mozos no centro de Madrid

Buscan un condutor que fuxiu tras atropelar tres mozos no centro de Madrid

Investigan como "tentativa de homicidio" o atropelo de tres mozos no barrio da Latina

G24.gal 09/04/2022 19:47

A Policía Nacional busca un condutor que fuxiu despois de provocar un atropelo múltiple esta madrugada no centro de Madrid.

Sucedeu ás portas dunha discoteca despois dunha discusión. O condutor, que estaba aparcado, arrancou bruscamente e levou por diante dous mozos de 22 e 26 anos. Pouco despois atropelou outro mozo de 27, que resultou ferido de gravidade. 

As primeiras investigacións indican que todo comezou cunha disputa previa entre dous grupos de mozos ás portas da discoteca do barrio da Latina. Agora buscan un BMW escuro.

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade