Cargando resultados...
Buscan os dous homes que roubaron armados cunha pistola unha gasolineira en Verín
Ameazaron cunha pistola de simulación o empregado e marcharon cos cartos que levaba nunha carteira

G24.gal
15/12/2022 12:10
As forzas de seguridade buscan dous homes novos como presuntos autores dun atraco na gasolineira de Feces de Abaixo, en Verín. Aconteceu na madrugada do martes para o mércores, contra as doce e media da noite.
Ameazaron cunha pistola o empregado e marcharon cos cartos que levaba nunha carteira, entre 300 e 400 euros. Mesmo chegaron a detonar a arma, que era de simulación. Fuxiron a pé.
Sospéitase que cruzaron a fronteira. Trátase dunha estación de servizo moi concorrida precisamente por estar na raia.