Publicador de contidos

Buscan o suposto autor dunha violenta agresión sexual que rematou coa súa parella no hospital de Lugo

Buscan o suposto autor dunha violenta agresión sexual que rematou coa súa parella no hospital de Lugo

Coñeceu o suposto agresor no cárcere cando cumpría 15 anos por outra agresión sexual

O suposto agresor que busca a policía xa cumprira 15 anos de cadea por outra violación, roubos e un secuestro
G24.gal 26/09/2023 14:12

Cumprira xa quince anos de cadea por unha violación, un secuestro e varios roubos con forza. Agora a policía busca un home considerado moi perigoso por unha nova agresión sexual. Desta volta a vítima foi a súa propia parella.

A muller relatou que tivo que ser atendida no hospital Lucus Augusti das feridas que sufriu cando foi forzada polo sospeitoso. Ao parecer pedíralle que lle dera unha masaxe, e cando ela se negou forzouna de xeito violento provocándolle varias feridas no corpo e mesmo perda de sangue, polo que tiveron que aplicarlle varios puntos.

O suposto agresor díxolle que só a levaría ao hospital se lle deixaba acompañala, para asegurarse de que non contaba nada da agresión. Ela negouse e acudiu acompañada da súa filla. A vítima coñecérao no cárcere cando ela acudía visitar o seu fillo, e logo conviviron en Lugo durante varios meses ata o pasado verán.

A muller, que xa fora vítima da violencia machista cunha parella anterior, xa o denunciara previamente por outra agresión, pero finalmente non ratificou o seu testemuño no xulgado. O home ten varias ordes de captura, pero sospéitase que puido fuxir de España.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade

Publicador de contidos