Cargando resultados...
Buscan o autor dun atraco nunha sucursal bancaria de Mondariz
Levaba a cara tapada cunha máscara e ía armado
G24.gal
25/02/2026 18:41
Última actualización 25/02/2026 20:12
Equipos da Garda Civil buscan a persoa que este mércores atracou unha sucursal bancaria de Mondariz e deixou atados os empregados.
Os feitos producíronse arredor das dúas da tarde cando un home entrou no banco coa cara tapada cunha máscara.
Dúas testemuñas que estaban nese momento no caixeiro vírono abandonar a sucursal.
O atracador empregou unha arma curta aínda que se descoñece se era real ou simulada e conseguiu levar diñeiro en efectivo.
A operación continúa aberta.