Buscan en Pontevedra un home que agrediu a súa noiva e ten unha condena por homicidio
Buscan en Pontevedra un home que agrediu a súa noiva e ten unha condena por homicidio
Cren que está agochado nos montes da parroquia de Alba
Ten unha orde de ingreso en prisión por provocar a morte dun peregrino alemán
As forzas de seguridade buscan polos montes de Pontevedra o home que agrediu a súa noiva esta fin de semana. E non é o único motivo polo que andan na súa procura; tamén ten unha orde de ingreso en prisión tras ser condenado por provocar a morte dun peregrino alemán, que faleceu polo golpe que levou ao caer cando este individuo lle deu unha puñada.
A condena de ano e medio de prisión estaba en suspenso se non volvía delinquir, pero reactivouse cando o volveron condenar por agredir a súa parella. Esta fin de semana outra parella volveuno denunciar por agresión e agora búscano polos montes da parroquia de Alba, onde cren que pode estar agochado.