Publicador de contidos

Publicador de contidos

Buscan doantes de medula para Luka

Buscan doantes de medula para Luka

Con só catro meses, o pequeno Luka, do concello ourensán de Baños de Molgas, precisa un transplante urxente de medula.

A súa familia busca doantes desesperadamente. A medida que pasa o tempo, as posibilidades de curación diminúen.

Luka, no colo da súa nai
G24.gal 08/12/2022 20:47 Última actualización 08/12/2022 22:28

Foi na revisión dos dous meses cando os pais de Luka descubriron que algo non ía ben.

Cira Sánchez Ledo, nai de Luka: "Fomos poñer as vacinas dos dous meses e a pediatra viulle a fontanela inflamada e os ollos revoltos".

Pasou esa noite en urxencias e trasladárono a Vigo, onde ingresou quince días. "Cinco días pasounos na UCI porque estaba moi maliño. O primeiro diagnóstico foi leucemia", explica Cira.

Finalmente, diagnosticáronlle osteopetrose, unha enfermidade conxénita, rara, que afecta unha de cada duascentas mil persoas e ocasiona deformidades nos ósos. Tamén lle atribúen á enfermidade os problemas de visión que ten Luka.

"El distingue entre a luz e a escuridade, pero debería ver máis do que ve. E aínda non saben se se poderá curar ou non", explica a nai.

Levan máis dun mes agardando polo transplante de medula ósea. Aínda non apareceu ningún doante compatible co pequeno, por iso fan un chamamento. Cantas máis doazóns, máis posibilidades.

https://galicia.medulaosea.org/

"Ten cura só en lactantes cun transplante de medula ósea. Canto máis tempo pase, peor, porque vai empeorando a enfermidade".

A doazón dos familiares só é compatible nun de cada catro pacientes, así que as doazóns anónimas resultan decisivas na maior parte dos casos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos