Publicador de contidos

Publicador de contidos

Buscan un estanqueiro desaparecido en Ferrol

Buscan un estanqueiro desaparecido en Ferrol

O home, de 41 anos, desapareceu o pasado domingo, día 13 de novembro

O home desapareceu da súa casa situada en cabo Prior, na parroquia ferrolá de Covas e tamén desapareceu o seu coche

 

Juancho é coñecido en Narón por traballar de estanqueiros dende hai anos
G24.gal 18/11/2022 13:56

A Asociación Sos Desaparecidos activou unha alerta pola desaparición de Juan López Domínguez, coñecido como Juancho  desde o pasado domingo, día 13. Ten 41 anos, mide entre 1,70 e 1,75 metros de alto, é de complexión delgada, ten pelo negro, ollos castaños e barba.

O home desapareceu da súa casa situada en cabo Prior, na parroquia ferrolá de Covas. Ademais, tamén falta o seu vehículo, un Volkswagen Golf de cor azul clara matrícula 7167 CYW. Os seus familiares interpuxeron unha denuncia na sede da comisaría de Policía Nacional de Ferrol e nos labores de procura tamén están a participar familiares e amigos, que empregan parte das súas horas libres para percorrer a contorna. 

O desaparecido é moi coñecido en Narón, xa que leva anos traballando e agora rexentando un estanco situado na parroquia de Piñeiros. Algúns veciños aseguran que levaba meses con problemas para subministrar tabaco e que practicamente non tiña actividade no negocio.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade