Publicador de contidos

Publicador de contidos

Burela acolle unha nova edición das xornadas técnicas de Expomar

Burela acolle unha nova edición das xornadas técnicas de Expomar

Falta de relevo e de man de obra e suba dos custos son os principais problemas

Anuncian campañas de información aos consumidores

G24.gal 19/05/2022 20:10 Última actualización 19/05/2022 20:33

As condicións de traballo e descanso nos barcos son moito mellores que as de hai unha década e os salarios son máis elevados que en terra. Eses son os dous principais argumentos do sector pesqueiro para atraer mozos e mozas a esta actividade e poñer fin á falta de relevo xeracional e de man de obra que pon en apuros boa parte da frota e mesmo causa despoboamento nas zonas costeiras. A formación é clave.

A suba de custos, sobre todo de combustible, é outro dos problemas que se están a analizar en Expomar. E tamén as campañas de movementos ecoloxistas que poñen en risco a supervivencia de artes coma o arrastre ou a captura de quenllas. Os expertos cren que é algo que se pode solucionar con campañas informativas orientadas aos consumidores.

A Conselleira do Mar participou nas xornadas e animou os asistentes a traballaren en conxunto para buscar acordos que permitan ao sector superar as actuais dificultades.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos