Bryan Zaragoza: "Antes de asinar falei con Aspas tres ou catro veces"
A última fichaxe do Celta coñece á perfección o estilo de xogo que emprega Claudio Giráldez
"O primeiro é a salvación, e logo mirar cara a adiante", asegurou o extremo andaluz
Chegou e fixo as fotos que pedían os afeccionados. Adestrou logo ás ordes de Claudio Giráldez e coñeceu os seus novos compañeiros, e subiu ata o parque forestal de Beade para ter unha boa perspectiva da que será a súa nova casa futbolística. Polo que atinxe á calor: ningún problema.
Cedido polo Bayern de Múnic, e logo do seu paso por Osasuna e Granada, Bryan tomou o tempo necesario para reflexionar sobre o estilo de xogo que mellor podía concordar co seu perfil. O próximo sábado, as catro da tarde veremos na galega a estrea de Bryan Zaragoza. Será o último exame da pretemporada fronte o Wolverhampton.