Publicador de contidos

Publicador de contidos

Bruxelas retirará a próxima semana a vixilancia sobre a economía grega

Bruxelas retirará a próxima semana a vixilancia sobre a economía grega

Tras unha década de control e tres rescates, a Comisión Europea entende que o país adoptou todas as reformas que comprometera

G24.gal 11/08/2022 20:25

Bruxelas retirará a próxima semana a vixilancia sobre a economía grega.

Tras unha década de control e tres rescates, a Comisión Europea considera que Grecia cumpriu a maior parte dos obxectivos que adquirira co Eurogrupo e que vai no camiño da recuperación efectiva.

Aínda así, Bruxelas admite que o nivel de riqueza do país aínda é un 25 por cento inferior ao que tiña antes das reformas e dos recortes. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade