Bruxelas recoñece o impacto da variante ómicron, pero confía na recuperación
Paolo Gentiloni fala dunha perda de velocidade no crecemento
Os dous máximos responsables económicos da Comisión Europea asumen que a variante ómicron freará a recuperación do continente. Pero descartan un impacto grave.
A recuperación que estamos a vivir neste 2022 non desencarrilará. O comisario de Economía, Paolo Gentiloni, só fala dunha perda de velocidade no crecemento. Rexeita unha paralización ou estancamento coma os vividos nos peores momentos da pandemia.
Ao seu carón, no Parlamento europeo, o vicepresidente da Comisión, Valdis Dombrovskis, tamén explicou que a propagación da variante do virus non deixará intacto ao PIB deste ano. Pero segundo as súas previsións, este impacto será a curto prazo.
De feito, os prezos da enerxía ou a inflación serían riscos máis importantes para a recuperación que a propia ómicron.