Publicador de contidos

Publicador de contidos

Bruxelas propón novos recortes de capturas para a frota galega

Bruxelas propón novos recortes de capturas para a frota galega

Os recortes máis importantes serían na pescada, o linguado ou o xurelo. 

G24.gal 03/11/2021 20:55

A Comisión Europea propón novas rebaixas nas capturas de peixe para o 2022 que afectarían de xeito considerable a frota galega. Os recortes máis importantes serían na pescada, o linguado ou o xurelo. 

Galicia e España saen prexudicadas nas cotas de pesca para o 2022 propostas pola Comisión Europea.
As cifras non son definitivas, pero nas negociacións en Bruxelas de decembro a frota galega pon en xogo a perda dun volume importante de capturas. A pescada é a especie onde habería máis recortes, un 18% menos en augas ibéricas.

Sería o terceiro ano consecutivo con rebaixas. E por sexto ano, Bruxelas tamén propón que a pesca da cigala fronte á costa galega siga vedada. As capturas de xurelo entre Fisterra e o golfo de Cádiz reduciríanse un 16% e as de linguado nun volume semellante.

As poucas notas positivas chegan cos aumentos na pesca de peixe sapo ou rapante. E aínda falta a negociación co Reino Unido sobre os caladoiros do Golfo de Biscaia ou o Gran Sol.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade