Publicador de contidos

Publicador de contidos

Bruxelas di que a prorroga da excepción ibérica non pode ir máis alá de finais de 2023

Bruxelas di que a prorroga da excepción ibérica non pode ir máis alá de finais de 2023

España e Portugal solicitaban estender durante todo o ano 2024 o sistema que lle pon un tope ao prezo do gas que se emprega en xerar electricidade e así abaratar o prezo da luz

A Comisión Europea di que decembro é o límite mentres non se modifique o marco temporal das medidas de apoio pola guerra de Ucraína

G24.gal 20/01/2023 13:23 Última actualización 20/01/2023 14:20

A Comisión Europea trasladou a España e Portugal que a prórroga da excepción ibérica non pode ir máis alá de decembro de 2023. Nesa data expira o marco temporal das medidas de apoio pola guerra de Ucraína, polo que mentres a Unión Europea non o modifique, a prórroga do mecanismo debe aterse a el.   

Así, a Comisión Europea estaría disposta a aceptar parcialmente a petición de prolongar a excepción ibérica. Vaise manter ata finais deste ano 2023. Sería unha ampliación de seis meses, fronte á solicitude de España e Portugal de mantela tamén durante todo o 2024.

A norma que se aprobou en xuño deste 2022 tiña como data de caducidade o próximo 31 de maio. O mecanismo ponlle un tope ao prezo do gas que se emprega en xerar electricidade e desa forma abaratar o prezo da luz.

A vicepresidenta para a Transición Ecolóxica, Teresa Ribera, e o ministro portugués de Medioambiente e Acción Climática, Duarte Cordeiro, reuníronse este mércores coa vicepresidenta do executivo comunitario responsable de Competencia, Margrethe Vestager, na sede da institución en Bruxelas para tratar a extensión que ambos os países reclamaban.

Nesa reunión a Comisión trasladoulles a posibilidade desa prórroga parcial de seis meses. Porén, as conversas proseguen a nivel "técnico", e fontes citadas pola Axencia EFE din que non hai nada decidido.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade