Publicador de contidos
Publicador de contidos

Breogán e Obradoiro, na busca da vitoria para a permanencia

Breogán e Obradoiro, na busca da vitoria para a permanencia

G24.gal 27/01/2024 15:09

Breogán e Obradoiro andan inmersos na loita pola permanencia. Igualados en vitorias pero cos santiagueses dous postos por riba. Ambos xogarán lonxe das súas casas nesta xornada. Primeiro o Breogán, que visita o Baxi Manresa esta noite. Ás 20:45 h Mrsic confirmou que McLemore poderá xogar hoxe e que o equipo necesita mellorar para saír da situación onde está.

O turno do Obradoiro será mañá. Ás 17 da tarde veránse as facianas co Baskonia, equipo de play off polo de agora. Saída complicada para os de Moncho Fernández. O adestrador lamenta as porcentaxes de tiro do equipo pero confía que o traballo de seus frutos.

Os irmáns Howards son pezas chaves nos seus equipos e mañá enforntraránse. No encontro de ida xa deixaron un gran espectáculo. Jordan anotou 22 puntos, polos 33 de Markus. Impúxose o pequeno en puntuación pero o maior foi quen levou o encontro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos