Publicador de contidos

Publicador de contidos

Breogán e Obradoiro abren a xornada da ACB á busca da vitoria en Manresa e Granada

Breogán e Obradoiro abren a xornada da ACB á busca da vitoria en Manresa e Granada

G24.gal 29/10/2022 12:54

Baloncesto en estado puro é o que van vivir esta tarde o Breogán e mais o Obradoiro. Dúas canchas tradicionais, quentes e animosas, a do Nou Congost de Manresa e a do Municipal de Granada. Os cataláns deixaron atrás unha temporada espectacular e, malia o seu bo rendemento europeo, viven un inicio de liga complicado. 1-4 é o seu balance. O segundo máximo anotador da liga, Jerrick Harding, será unha das ameazas para os lucenses. 

Pedro Martínez, adestrador do Manresa, desfaise en eloxios aos galegos na previa: "Gañaron tres partidos, en pistas difíciles. Están nunha boa dinámica, cun xogo atractivo, e xogan moi ben".

Os prognósticos colocaban o recentemente ascendido Granada como candidato número 1 ao descenso. Iso foi antes de comezar a liga. O rendemento dos de Pablo Pin está a ser abraiante, con tres vitorias en cinco partidos. O Obradoiro tentará devolvelos á realidade.

O técnico, Pablo Pin, di que "o Obradoiro pode ser un bo espello para nós, para seguir crecendo aos poucos. Sempre loitaron por non descender, pero creo que este ano deron un pasiño adiante".

Os partidos dos galegos comezan ás seis da tarde. Citas a domicilio que porán a proba a competitividade dos seus proxectos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade