Breogán e Leyma Coruña cítanse na final da Copa Galicia (20h, G2)
O cadro lugués eliminou ao COB na primeira semifinal
Os coruñeses, anfitrións do torneo, tiveron que remontar diante do Obradoiro
Na primeira semifinal da Copa Galicia, o Breogán foi de menos a máis para acabar impoñendo a lei da categoría superior na segunda metade, ante un COB Ourense que debe seguir co proceso de reconstrucción para volver ser competitivo na Primeira Federación.
Dibba anotou 20 puntos, Francis Alonso 16 e Cook, que logrou 14, están chamados a levar o peso anotador do equipo lucense.
Pola súa parte, Brankovic, con 11 puntos e 5 rebotes en 16 minutos deulle moita consistencia ao xogo interior do Breogán.
Para o COB a mellor nova foi a irrupción no equipo do galego Martín Iglesias: 16 puntos e 5 rebotes...axudado en tarefas anotadoras por Vázquez, Fernández e McDonnell, todos en dobres díxitos.
A lesión de Dominik Mavra foi o único contratempo para o Breogán nunha semifinal plácida para os de Luis Casimiro.
No segundo enfrontamento por nun posto na cita decisiva, o Obradoiro comezou o partido dominando o xogo, o ritmo e o marcador pero, a partir do segundo cuarto, os coruñeses colleron o tintimán do partido e non o soltaron ata o final grazas a unha soberbia actuación de Jorgensen: 21 puntos e 25 de valoración.
Barrueta, que volvía a que o ano pasado fora a súa cancha anotou 11 puntos no bando santiagués e Lundkuist, outro dos que regresaba, logrou anotar 13 puntos.
En directo, pola segunda canle da TVG, Leyma Coruña e Río Breogán repiten final este serán as oito no coliseum a final da pasada edición.