Publicador de contidos

Publicador de contidos

Boubacar Touré completa o xogo interior do Breogán

Boubacar Touré completa o xogo interior do Breogán

O cadro lugués ficha un pivote de 213 centímetros que o ano pasado xogou en Valencia

G24.gal 05/02/2025 19:40

Boubacar Touré é a última fichaxe do Rio Breogán. Trátase dun pivote senegalés de 2,13 m. Ten 29 anos e experiencia en ACB e Euroliga con Valencia Basket. Xogou en Francia e en Turquía, destacando pola súa capcidade reboteadora. Logo de formarse nos Estados Unidos estivo dúas temporadas no Chorale Roanne francés (20-22) antes de pasar ao Tofas turco (22-23).

O ano pasado estivo en Valencia, onde mediou 4 puntos e 4,4 rebotes en 13 minutos en pista. Rematado o seu contrato probou a aventura na China, pero neste mes de febreiro decidiu volver á ACB para xogar en Lugo. Toure é un pivote físico de grande envergadura, bo defensor e reboteador, intimidador e bo finalizador en posicións próximas a canastra.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade