Cargando resultados...
Botan unha réplica do barco que salvaba xudeus en Redondela
O bote Manuel serviu tamén aos exploradores que buscaban o tesouro de Rande
G24.gal
09/10/2025 20:10
Esta tarde botouse en Redondela unha réplica do bote Manuel, un barco que serviu para salvar xudeus na posguerra e para transportar os mergulladores Robert Stenuit e Jhon Potter, que viñeron explorar os restos dos galeóns e os tesouros de Rande.
O bote orixinal pódese ver no Museo Meirande de Chapela, e grazas ao concello de Redondela e da Asociación Lagoa dos bébedos puidose facer esta réplica que si poderá navegar xa que o orixinal estaba moi danado.