Publicador de contidos

Publicador de contidos

Borja Jiménez: "Temos dez finais e debemos gañalas todas"

Borja Jiménez: "Temos dez finais e debemos gañalas todas"

Borja Jiménez afirma que Villares e William son dúbida para visitar Balaídos

G24.gal 25/03/2022 15:38

Borja Jiménez afronta o Celta B vs Deportivo con ganas e non tanto por tratarse dun duelo contra o filial do eterno rival, senón porque o seu equipo quedou sen marxe no tramo final:

“Para nós agora todos os partidos son especiais. Temos 10 finais e hai que gañar as 10. Ese é o nivel de autoexixencia. Como todo o ano, pero agora aínda máis. Chegamos ao tramo definitivo, achégase abril e maio e hai que seguir gañando”.

Avisa ademais o técnico branquiazul dos perigos do Celta B:

“Xa dixen na primeira xornada todas as armas que tiña o Celta B. É un equipo con xogadores con talento, pero ademais futbolistas con partidos en Segunda División. E logo outros como Pampín, Holsgrove ou Alfon, que levan tempo na casa e teñen experiencia. Non é un filial ao uso con xente nova que vive a súa primeira experiencia na categoría e pode pagar esa inexperiencia. Son fiables en casa e ata estas dúas últimas semanas estaba a facer unha boa segunda volta, con resultados avultados. Poñeranos as cousas moi difíciles”.

Borja Jiménez afirma que Villares e William son dúbida para visitar Balaídos

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar