Borja Jiménez: "Para a nosa afección, non gañar este partido é máis doloroso que calquera outro"
O técnico espera que as medidas de seguridade melloren en Balaídos para non volver ver as imaxes da invasión de campo
O Deportivo prepárase para xogar un derbi máis ante o Celta B e Borja Jiménez ten claro o que supón este tipo de partido para a afección branquiazul:
"Vivímolo o ano pasado e non nos pilla de novos. Aínda que sexa doloroso, hai que asimilar onde estamos e facer todo o posible para saír de aquí e que non se repita. A nivel persoal non mo tomo como un desquite. Gustaríame gañar porque sei que para nosa afección, non gañar ao Celta B é máis doloroso que non gañar calquera outro partido. Teño claro que temos que focalizar o nivel de tensión antes e durante o partido. E estar moi concentrados".
O técnico espera, iso si, que as medidas de seguridade mellorasen en Balaídos para non volver ver as imaxes lamentables da invasión:
"Non falamos diso, pero creo que os que estivemos alí témolo presente. Quedou marcado e témolo recente. Non me preocupa porque mellorarían as medidas de seguridade, serán maiores e corrixirano. Viviremos un bo ambiente de fútbol. Tentaremos que os que van do noso lado saían felices, pero non ten por que haber ningún altercado. É un deporte e hai que levalo coa normalidade".