Publicador de contidos
Publicador de contidos

O DUX non xogará en Riazor e Borja Jiménez sentencia: "Isto é un desastre, unha merda"

O DUX non xogará en Riazor e Borja Jiménez sentencia: "Isto é un desastre, unha merda"

O adestrador do Deportivo amósase indignado pola incerteza coa que se atopa derivada da incomparecencia do DUX

G24.gal 25/08/2022 13:02 Última actualización 25/08/2022 15:58

O viocepresidente do DUX, David Barragán, afirma na Radio Galega: "Absolutamente confirmado que non imos xogar en Riazor. Xa llo comunicamos esta mañá a Dépor, Federación e clubs. O do cambio de hora non sei a que se debe, é cousa da Federación. O noso principal problema son as esixencias da categoría, non son sostibles"

O adestrador do Deportivo, Borja Jiménez, amosouse indignado pola situación que está a vivir o seu equipo para a primeira xornada de liga. "Isto é un desastre, é unha merda" sentenciou o técnico deportivista que non comprende como se puido chegar a esta situación. 

"Non sei como teño que planificar a semana, non hai posibilidade de buscar unha solución porque non sabemos o que vai acontecer", asegurou Jiménez na rolda de prensa previa ao partido. Segundo o técnico "que non se presente un equipo na primeira xornada é moi difícil atoparlle o sentido". 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade