Publicador de contidos

Publicador de contidos

Borja Iglesias e Bryan Zaragoza aceleran para estrear titularidade contra o Betis

Borja Iglesias e Bryan Zaragoza aceleran para estrear titularidade contra o Betis

Os dous xogadores que se incorporaron máis tarde ao grupo do Celta poderían estar no once no partido do mércores

G24.gal 25/08/2025 21:08

Borja Iglesias e Bryan Zaragoza chegaron a Vigo coa pretemporada ben avanzada. Por iso aínda non gozaron de ningunha titularidade nas dúas primeiras xornadas do campionato. O extremo debutou contra o Xetafe diante do que xogou a última media hora e contra o Mallorca apareceu no partido no engadido. Borja Iglesias participou os últimos 25 minutos diante do Xetafe e en Mallorca entrou a quince minutos do final. 

Claudio sabe da importancia que van ter os dous xogadores no proxecto do Celta desta temporada e podería metelos no equipo titular no partido que este mércores xoga diante do Betis. Bryan acumula tres semanas de traballo a carón dos seus novos compañeiros e Borja dúas aínda que xa fixera toda a pretemporada co conxunto bético. 

O factor motivacional tamén pode ser importante para contar con Borja Iglesias contra o Betis. O santiagués estivo catro campañas e media vestindo a camisola verde e branca, xogou 180 partidos e marcou 52 goles. Uns números moi respectables, ademáis de participar nun título de Copa do Rei de xeito decisivo, pero a etapa de Borja en Sevilla rematou dun xeito pouco brillante. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade