Publicador de contidos

Publicador de contidos

Borja Fernández deixa a U. D. Ourense e será o novo adestrador de Club Deportivo Lugo

Borja Fernández deixa a U. D. Ourense e será o novo adestrador de Club Deportivo Lugo

O técnico di adeus tras acadar dous ascensos de forma consecutiva e deixa ao equipo na Primeira Federación por primeira vez na súa historia

O adestrador será o próximo inquilino do banco de Club Deportivo Lugo, como adiantou a Radio Galega

@UDOourense2014 @UDOourense2014
G24.gal 08/06/2026 20:17

Borja Fernández non seguirá como adestrador da U. D. Ourense. Anunciouno o club das Burgas mediante un comunicado e un vídeo nas súas redes sociais onde o adestrador recoñecía que deixar o equipo vermello era a decisión máis difícil da súa carreira:

https://x.com/UDOurense2014/status/2064002539578589188?s=20

O adestrador colleu o equipo na Terceira Federación e en dúas temporadas levouno ata a Primeira RFEF, acadando cotas inimaxinables á súa chegada ao equipo do Couto. O futuro do Borja pasa por ser o novo adestrador de Club Deportivo Lugo, tal e como adiantou a Radio Galega

O equipo que preside Javier Orbán traballa xa na contratación dun novo técnico que coñeza a casa e que cumpra co perfil deseñado polo director deportivo Fernando Currás. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade