Cargando resultados...
Borja carga contra o árbitro e Onésimo fala de triunfo histórico
Para o adestrador do Deportivo "o partido ven condicionado polo de sempre"
Segundo Onésimo o triunfo "é historia, un día estupendo para os xogadores"
G24.gal
27/03/2022 15:05
Duras declaracións de Borja Jiménez. O técnico do Deportivo falou do condicionado que estivo o partido pola actuación arbitral. Tamén se referiu ao seu futuro e contestou cun "non" rotundo sobre se pensaba dimitir.
Onésimo estaba moi ledo polo triunfo: "É un día histórico, estupendo para os xogadores". Sobre o árbitro consideraba que o seu equipo foi prexudicado no primeiro tempo.