Publicador de contidos

Publicador de contidos

Bono brinda un "concerto pola paz" nunha estación de metro de Kíiv

Bono brinda un "concerto pola paz" nunha estación de metro de Kíiv

Actuou por sorpresa, e sen previo aviso, ante grupos de cidadáns emocionados

G24.gal 08/05/2022 15:28 Última actualización 08/05/2022 18:03

O cantante irlandés Bono, líder da banda U2, brindou este domingo un concerto espontáneo desde unha estación de metro de Kíiv, como achega persoal á paz. Coincide co denominado Día da Vitoria sobre a Alemaña Nazi e a fin de II Guerra Mundial en Europa co triunfo dos aliados.

"Todos rezamos con vós para que poidades alcanzar cedo a paz", afirmou Bono, conforme ás imaxes colgadas nas redes sociais por varios portais ucraínos, en alusión ao sanguento conflito irlandés e á guerra que sofren os ucraínos.

O cantante tomou o micro e interpretou para ducias de cidadáns congregados na estación algunhas pezas xa míticas do seu repertorio, como 'Desire' e 'With or without you', pero as emocións desbordáronse cando cantou 'Stand by me', inmortalizado polos asistentes.

A actuación de Bono foi por sorpresa, sen previo aviso, e como unha máis da actividades do cantante en causas humanitarias en distintas partes do mundo, sexan en situación de guerra, contra a fame ou contra desastres globais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos