Publicador de contidos

Publicador de contidos

Bombeiros forestais vascos fórmanse en Galicia grazas ao programa de intercambio

Bombeiros forestais vascos fórmanse en Galicia grazas ao programa de intercambio

O obxectivo da iniciativa é reforzar a cooperación entre ambas as dúas institucións en materia de loita contra o lume

Os técnicos e axentes de Biscaia poderán integrarse nos labores de extinción dalgún lume que se rexistre na comunidade

Imaxe cedida pola Xunta de Galicia Imaxe cedida pola Xunta de Galicia
G24.gal 16/08/2026 11:37

Arredor dunha trintena de profesionais do Infobi (Incendios Forestais de Bizkaia) estarán ao longo deste mes de agosto e do vindeiro de setembro en Galicia, como parte da segunda edición do programa de intercambio entre a Deputación Foral da provincia vasca e a Xunta.

O obxectivo da iniciativa é reforzar a cooperación entre ambas as dúas institucións en materia de loita contra o lume. Así, os efectivos procedentes de Euskadi, terán a oportunidade de coñecer a organización e funcionamento do Servizo de Prevención de Incendios Forestais (SPIF).

O programa da estadía inclúe visitas a diferentes bases e centros de operacións, entre eles o Centro de Coordinación Central de Santiago de Compostela, no que os profesionais vascos estiveron acompañados polo director xeral de Defensa do Monte da Consellería do Medio Rural, Manuel Francisco.

Ademais, o grupo tamén coñeceu o Centro Integral de Loita contra o Lume (CILL), situado na localidade ourensá de Toén, no que recibiu explicacións polo miúdo sobre o operativo da Xunta e tamén en relación co funcionamento dunha motobomba, en especial do seu sistema de autoprotección. Así mesmo, os profesionais tiveron tamén a oportunidade de realizar o circuíto de adestramento para o persoal que se atopa nestas instalacións.

A maiores, tal e como xa se incluíu na edición anterior deste programa de cooperación, os técnicos e axentes de Biscaia poderán integrarse nos labores de extinción dalgún lume que se rexistre en Galicia, sempre baixo a coordinación operativa do dispositivo da Xunta.

A estadía en Galicia destes efectivos súmase á chegada de bombeiros forestais doutras latitudes, caso dos búlgaros que estiveron durante o mes de xullo na nosa comunidade, ou de profesionais de Estonia e os Países Baixos que tamén se achegaron en campañas anteriores, para coñecer o traballo que realiza o SPIF galego.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade