Publicador de contidos

Publicador de contidos

Boi galego, o manxar máis cotizado

Boi galego, o manxar máis cotizado

O segredo está en crialos sen présa e con millo do país

G24.gal 08/11/2021 14:58

Aumenta a demanda de carne de boi galego nos mellores asadores de Europa. Detrás de cada chuletón hai anos de crianza tradicional a base de agarimo e millo do país. 

8.000 euros pagaron no matadoiro por cada un destes bois de raza rubia. A cifra pode ser rechamante, pero crialos é un proceso custoso e longo, de sete anos neste caso, nos que os animais foron amansados e alimentados ao xeito tradicional.

"Cébanse e engordánse con millo autóctono, neste caso son de Carral e comeron millo galego, non de fábrica" explica José Cochón Piedras. Propietario de Frigoríficos Bandeira

Dentro duns dous meses, cando remate o proceso de maduración da carne, cociñarase nos mellores asadores de Madrid, Italia e Francia. Os chuletóns, de sabor intenso e graxa amarela, levan a fama. Pero 800 quilos de boi dan para moito máis.

"Sae toda a carne, non só son os chuletóns. As patas van para chacina, os lombos aprovéitanse moito tamén e cos dianteiros faise hamburguesa de boi".

Hai 3 anos que a IXP Vaca e Boi de Galicia certifica a autenticidade destas carnes no mercado, porque sempre haberá alguén que queira aproveitarse da sona dun manxar tan cotizado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade