Publicador de contidos

Publicador de contidos

Boas perspectivas turísticas para as pontes festivas en Ourense

Boas perspectivas turísticas para as pontes festivas en Ourense

O programa de Nadal, un aliciente máis para os visitantes

A maioría veñen doutras provincias galegas e das limítrofes coa nosa comunidade

O acendido das luces encheu de xente a cidade
G24.gal 05/12/2022 20:47 Última actualización 05/12/2022 21:49

Decembro arrinca con boas perspectivas para o turismo na cidade de Ourense. Ás pontes festivas, sempre eficaces para o turismo de interior, incorpórase o programa de Nadal. "Viuse moito público, persoas variadas, moita xente, e pola noite moito público, ata o punto de que case non se pode andar por aquí", confirma un Papá Noel que fai bolos preñados no mercado de Nadal.

A tres semanas case da Noiteboa, os mercados de Nadal e as luces desprazan as Burgas como reclamo. "Á noite iremos ver as luces e a árbore, a ver", comenta un mozo de Lugo. "Para ver máis que nada o ambiente, e tomar un cafeíño", di un veciño de Bilbao que está de visita na cidade.

As pernoitas aumentaron na cidade, soben dos dous días de estancia, a maioría visitantes do resto de Galicia e tamén das provincias limítrofes. "Vimos da Coruña. A min Ourense gústame moito, vimos moitas veces, pero sobre todo hoxe viñemos para ver as luces", sinala unha muller.

Unha afluencia celebrada tamén polos ourensáns, que confían en que repercuta na economía local. "O venres notábase un montón, sobre todo de coches, xente, buff....". "Agora xa non hai que ir a Vigo a ver as luces, xa as vemos aquí", comentan dúas veciñas de Ourense.

No último Nadal, aínda con restricións pola covid, visitaron a cidade máis de sesenta mil persoas, unha cifra que se espera superar este ano.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade