Publicador de contidos

Publicador de contidos

BNG lanza a campaña para potenciar a lingua e a cultura co gallo do Día das Letras Galegas

BNG lanza a campaña para potenciar a lingua e a cultura co gallo do Día das Letras Galegas

A voceira nacional mantivo un encontro cun grupo de novos creadores de contidos dixitais en galego e reivindicou o seu carácter internacional e o seu uso en todos os ámbitos económicos e sociais

G24.gal 13/05/2022 14:40 Última actualización 13/05/2022 14:55

A uns días da celebración do Día das Letras Galegas, o BNG lanza a súa campaña para potenciar a lingua e a cultura galegas. A voceira nacional mantivo un encontro cun grupo de novos creadores de contidos dixitais en galego. Ana Pontón dixo que o galego non ten límites e reivindicou o seu carácter internacional e o seu uso en todos os ámbitos económicos e sociais.

"O galego ten que estar na industria, na economía, non só na cultura, tamén na empresa, con medidas que faciliten ese proceso de apoderamento de Galicia desde o noso idioma, desde a nosa cultura e desde o orgullo de ter algo tan importante coa unha lingua e cultura propias", dixo Ana Pontón. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade