Cargando resultados...
Blanca Millán: "A oportunidade de representar a Galicia en máxima categoría é unha oportunidade única"
Blanca Millán: "A oportunidade de representar a Galicia en máxima categoría é unha oportunidade única"
"O noso obxectivo é ser fortes e competitivas para chegar ao máis alto posible"
G24.gal
25/05/2022 09:47
A santiaguesa, de 24 anos, internacional coa selección española en categorías inferiores, estivo formándose durante cinco anos nos Estados Unidos e volvera a España o pasado curso para xogar co Gran Canaria. Millán deixa agora ese club para volver á casa e defender a camiseta do Ensino de Lugo.
Despois de Paula Ginzo, Blanca Millán é a segunda fichaxe galega confirmada polo Ensino de cara á proxima temporada.