Publicador de contidos

Publicador de contidos

Black Alien, o home co corpo máis modificado do mundo, está de visita en Galicia

Black Alien, o home co corpo máis modificado do mundo, está de visita en Galicia

O tatuador Anthony Loffredo, máis coñecido por Black Alien, asegura que "o meu proxecto é os meus traballos de tatuaxe son o mesmo, é a miña forma de ser"

1.200.000 persoas seguen o seu proxecto de transformación só a través de Instagram

G24.gal 27/06/2022 22:53

Grande expectación entre as numerosas persoas que se citaron nun estudio de tatuaxe da Coruña para ver e coñecer en persoa a Black Alien.

De orixe francesa, o tatuador Anthony Loffredo, que reside en México, é máis coñecido por Black Alien: o home co corpo máis modificado do mundo. As tatuaxes cobren o 90 % do seu corpo.

Tatuou a pel de negro baixo a que ten implantes de silicona, quitou as orellas e o nariz, cortou a lingua en dúas e amputou varios dedos da man. Igual que as tatuaxes que fai di que a súa transformación, que dura xa 7 anos, é a resposta á súa creatividade.

"Para min é o mesmo. O meu proxecto (transformación) é como eu me expreso, como eu quero ser e os meus traballos de tatuaxe son o mesmo, é a miña forma de ser", explica Anthony Loffredo, Black Alien Project Evolution.

"Realmente eu admíroo moito porque é una aprendiz de tatuaxe que basicamente, sen ningún mentor, empezou a tatuar porque lle apetecía facer debuxos abstractos do que a súa mente lle expresa", di Andrés Feria, de Calipso Tatoo.

1.200.000 persoas seguen o seu proceso de transformación só a través de Instagram. Galicia é a última parada da súa xira española. Amais da Coruña visitará Vigo e Lugo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade