Publicador de contidos

Publicador de contidos

Biomasa e xeotermia permiten unha calefacción máis barata e sustentable

Biomasa e xeotermia permiten unha calefacción máis barata e sustentable

A biomasa, unha opción pouco contaminante e máis accesible

G24.gal 02/11/2021 14:56

O gasóleo, o gas natural e a electricidade son os sistemas de calefacción máis utilizados nas vivendas galegas, con máis do 85 % do total. Todos eles están a experimentar un incremento de custos ao que non se lle albisca freo.

Por iso, cómpre lembrar alternativas máis económicas como a biomasa, da que Galicia produce máis de dous millóns de toneladas anuais. Unha opción pouco contaminante e máis accesible.

Outra opción é a xeotermia. Tomar e transformar a calor do subsolo pode reducir nun 80 % a factura nos fogares que agora usan calefacción eléctrica.

A súa instalación é relativamente sinxela e en algo máis dunha semana pódese ter en funcionamento. Iso si, os sistemas de illamento das casas son fundamentais.

A Xunta vai destinar 37 millóns de euros dos fondos Next Generation a accións de mellora nas vivendas galegas para facer máis efectivos os sistemas de calefacción.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade