Cargando resultados...
Besteiro suspende a súa axenda tras dar positivo en covid-19
O líder do PSdeG non acudirá ao partido amigable entre o Celta e a selección de Ourense nin á feira Conxemar

G24.gal
08/10/2025 11:05
O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, suspendeu a súa axenda dos próximos días ao atoparse mal e dar positivo en covid-19.
Segundo informaron fontes do PSdeG, debido a esta indisposición, o xefe de filas dos socialistas non acudirá na tarde deste mércores ao partido de fútbol amigable Xuntos contra ou lume entre o R. C. Celta de Vigo e a selección de Ourense, que se disputará no Estadio Balaídos de Vigo.
Besteiro tamén tiña previsto á XXVI Feira Conxemar, así como aos actos polo aniversario da Fundación Erguete, aos que finalmente asistirá a secretaria de Organización da formación, Lara Méndez.