Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os nove barcos doutra flotilla que navegaba a Gaza, interceptados por Israel

Os nove barcos doutra flotilla que navegaba a Gaza, interceptados por Israel

O Ministerio de Exteriores de Israel confirmou a operación de interceptación e dixo que todos os pasaxeiros están a salvo e en bo estado de saúde

"Espérase que os pasaxeiros sexan deportados de inmediato", anunciou Israel nun breve comunicado

IHH / Handout via REUTERS IHH / Handout via REUTERS
G24.gal 08/10/2025 09:05

Os nove barcos da Flotilla da Liberdade-Thousand Madleens, que navegaban cara a Gaza co obxectivo de romper o bloqueo de Israel, foron interceptados este mércores en augas internacionais pola Armada dese país, e os seus arredor de 140 participantes foron detidos, confirmou a campaña Rumbo a Gaza.

"Ás 07:45, o resto dos veleiros de Thousand Madleens e o barco Conscience foron asaltados tamén en augas internacionais a unha distancia aproximada de 110 millas náuticas da costa de Gaza", detallou a organización sobre a abordaxe que comezou contra as 02:38 GMT. A Armada israelí interceptou nun principio tres dos veleiros a unhas 120 millas náuticas (220 km) de Gaza e terminou coa interceptación de todos os barcos que compoñían esta segunda flotilla, que partiu a finais de setembro de Italia canda a Global Sumud Flotilla, abordada a semana pasada.

O Ministerio de Exteriores de Israel confirmou a operación de interceptación e dixo que todos os pasaxeiros están a salvo e en bo estado de saúde. "Espérase que os pasaxeiros sexan deportados de inmediato", anunciou Israel nun breve comunicado. A flotilla denunciou a detención dunha tripulación desarmada, incluídos médicos, xornalistas e funcionarios electos, entre eles a deputada de Más Madrid da Asemblea de Madrid Jimena González.

As organizacións tamén denunciaron a perda da axuda vital que transportaban as embarcacións, por valor de máis de 110.000 dólares en medicamentos, equipos respiratorios e subministracións nutricionais, destinados aos famentos hospitais de Gaza. Oito dos arredor de 140 participantes son españois e previsiblemente, como ocorreu coa Flotilla Sumud, están a ser traslados a un porto israelí para a súa posterior deportación. Dos máis de 450 participantes da anterior Flotilla Sumud, seis integrantes continuaban retidos ata este martes na prisión israelí de Ketziot, entre eles a española Reyes Rigo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade