Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Parlamento galego garda un minuto de silencio polo "xenocidio" en Gaza

O Parlamento galego garda un minuto de silencio polo "xenocidio" en Gaza

O presidente da Cámara decidiu non ler a proposta formulada polo grupo socialista e apoiada por todos os grupos, incluído o PPdeG

Rueda censurou que o texto non recollese a repulsa polas vítimas de Hamas

 

O Parlamento de Galicia garda un minuto de silencio polas vítimas do xenocidio en Gaza (EFE/Lavandeira jr) O Parlamento de Galicia garda un minuto de silencio polas vítimas do xenocidio en Gaza (EFE/Lavandeira jr)
G24.gal 24/09/2025 08:50 Última actualización 24/09/2025 11:13

O pleno do Parlamento gardou este mércores un minuto de silencio polo "xenocidio" en Gaza, tras aceptar todos os grupos, incluído o PPdeG, a proposta do PSdeG sobre a que onte houbo unha longa negociación que non frutificou ata este mércores xusto antes do inicio do pleno.

O presidente do Parlamento, Miguel Santalices, foi quen notificou que se aceptou a proposta do grupo socialista, pero sen chegar a lela, polo que recibiu protestas desde os escanos da oposición, onde os deputados socialistas mostraron carteis co lema "Paremos o xenocidio en Gaza".

Foi o propio presidente da Xunta e do PPdeG, Alfonso Rueda, quen admitiu posteriormente que no seu partido eran "perfectamente conscientes" de que o minuto de silencio "condenaba o xenocidio en Gaza", pronunciando por primeira vez esta palabra en público en relación coa matanza en Palestina, algo que rexeitou facer o PP a nivel nacional.

Rueda recriminou despois que non se aceptara a proposta do PP para que ese minuto de silencio fose tamén para manifestar a repulsa do Parlamento "polas vítimas de Hamas".

O líder do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, durante o minuto de silencio por Gaza (EFE/Lavandeira jr)

Malia o acordo, a sesión evidenciou a enorme distancia que existe entre o Goberno da Xunta e a oposición arredor deste asunto. A portavoz do Bloque, Ana Pontón, reprochoulle ao PP que estean "apoiando a posición de Israel, equiparando a vítimas e verdugos". 

O voceiro do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, lamentou que o PP tentase ata o último momento non aceptar a proposta do seu partido para non darlle "protagonismo".

Rueda replicou acusando o BNG de ser "incapaz" de condenar os asasinatos de Hamas" e de facer "distinción entre vítimas boas e malas" en contra do sentir, dixo, da "maioría do pobo galego".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade