Besteiro reclama unha Galicia interior con servizos dignos e insta a retirar a lei local
O líder dos socialistas galegos insistiu en que Galicia non pode permitirse avanzar as dúas velocidades
O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reclamou unha Galicia interior con servizos públicos dignos e instou á Xunta a retirar o anteproxecto de Lei de Administración Local se non garante os recursos suficientes para os concellos.
Besteiro participou esta xornada no Domingo Gordo de Viana do Bolo, nunha xornada marcada pola celebración do Entroido, pero tamén lembrando que hai uns meses a provincia estivo en "circunstancias ben tristes”, polos incendios forestais do verán.
Durante a súa visita, o líder dos socialistas galegos insistiu en que Galicia non pode permitirse avanzar as dúas velocidades e advertiu de que, mentres festas como a de Viana mostran identidade e dinamismo, a Xunta continúa reducindo servizos esenciais no interior que necesita investimentos "para crear oportunidades".
Ao seu xuízo, o PP non está a desenvolver políticas eficaces para afrontar o reto demográfico nin para garantir igualdade territorial, e apuntou directamente a un "infrafinanciamento" nas provincias de Ourense e Lugo.
Por iso, considera que se o anteproxecto de Lei de Administración Local non garante os recursos necesarios para que os concellos presten os servizos públicos en condicións, o mellor que poden facer a Xunta é retirala.
Neste sentido, apuntou que a normativa debería clarificar o futuro financeiro e competencial das administracións municipais porque son precisamente os concellos rurais os que están a asumir cargas que exceden as súas posibilidades para suplir carencias doutras administracións.
O rural non é só tradición, senón tamén "cultura e historia", e "merece futuro", polo que reclamou políticas activas e non a "propaganda demográfica" da Xunta.