Cargando resultados...
O PP acusa o alcalde de Lugo de tentar intimidalos ante a moción de censura
Compartiron nas redes un vídeo en que se escoita a Miguel Fernández cando tiña o micrófono aberto
O alcalde de Lugo, Miguel Fernández (Carlos Castro / Europa Press)
G24.gal
06/05/2026 22:13
No concello de Lugo celébrase este xoves o pleno de debate da moción de censura que presentou o PP canda unha exconcelleira socialista contra o actual alcalde do PSOE, que Goberna en minoría en coalición co BNG.
O último pleno antes dese debate estivo cargado de tensión. E os populares acusan o alcalde de tratar de intimidalos. Compartiron este vídeo en que o micro quedou aberto e recolleu as palabras de Miguel Fernández.
🎙️”Rubén, suspendemos o chisme?”
— PP Lugo local (@PPConcelloLugo) May 5, 2026
Micrófono aberto. Alcalde de Lugo.
Así chaman á mobilización que eles mesmos alentaron.
Así fala quen di defender as institucións. pic.twitter.com/7va8PZPgT7