Publicador de contidos

Publicador de contidos

Besteiro, Miñones, Regades e Marga Martín, cabezas de lista do PSdeG ao Congreso

Besteiro, Miñones, Regades e Marga Martín, cabezas de lista do PSdeG ao Congreso

Este mércores reuniranse os comités provinciais de Lugo e Ourense e o xoves os de Pontevedra e A Coruña 

Miñones (esquerda) e Besteiro (dereita da imaxe) Miñones (esquerda) e Besteiro (dereita da imaxe)
G24.gal 06/06/2023 20:20 Última actualización 06/06/2023 20:39

O ministro de Sanidade José Miñones; o delegado do Goberno en Galicia José Ramón Gómez Besteiro, o responsable da Zona Franca de Vigo David Regades e a que foi tenente de alcalde de Ourense con Francisco Rodríguez Marga Martín serán os números un do PSdeG ao Congreso polas provincias galegas.

O titular da carteira de Sanidade será o número un pola Coruña, Besteiro concorrerá como cabeza de lista pola provincia de Lugo, Regades encabezará a papeleta ao Congreso por Pontevedra e Marga Martín farao por Ourense.  

Fontes socialistas confirmaron tamén o nome do actual secretario provincial do PSOE de Ourense Rafael Rodríguez Villarino como senador por esta provincia.  

Estas fontes sinalan que todo apunta a que tanto o exalcalde de Oroso Manuel Mirás coma o rexedor de Santiago de Compostela en funcións Xosé Sánchez Bugallo poderán figurar na candidatura do PSdeG ao Senado pola provincia da Coruña.  

Ademais, considérase a expresidenta da deputación de Pontevedra Carmela Silva para o Senado por esta provincia, unha candidatura para a que tamén soa Modesto Pose.

Pola súa banda, por Lugo, perfílase o nome do que foi colaborador de Pedro Sánchez e actual senador César Mogo, de novo para a Cámara Alta.  

Para a configuración destas listas, este mércores reuniranse os comités provinciais de Lugo e Ourense; mentres que os de Pontevedra e A Coruña farán o propio na xornada do xoves.

Todo iso antes da reunión da comisión federal de listas o venres, previa á ratificación final no Comité Federal que terá lugar o sábado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade